Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Santa Baia (Logrosa)
Lugar: Logrosa
Outra denominación do ben: Santa Olaia
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de cruz latina con corpos acaroados pola zona norte ao muro da nave principal e ao presbiterio. Tellado con cuberta de tella curva, a dúas augas, agás na caída dos brazos menores que vai a tres. Fachada con porta alintelada que remata na parte superior con arco rebaixado, riba dela unha fornela coa figura de Santa Baia. Remata o hastial da fachada con adorno de cornixa saínte con molduras e pináculos piramidais, con bóla no cume, a ámbolos lados. Torre de campanario que arranca de base cadrada con cornixa saínte e que amosa catro ocos de arco de medio punto para albergar as campás, enmarcados en pilastras lisas. Parte superior de corpo octogonal con ocos rematados en arco, e cuberto por pequena cúpula que ten na cimeira un pináculo no que se asenta unha cruz de forxa
No adro da igrexa hai unha pía bautismal datada nos séculos X-XI e no ano 1876 apareceron unha ara e unha estela funeraria que se conservan no Museo do Pobo Galego. Tamén cerca da igrexa localizouse unha ara romana dedicada a Xúpiter, e un pouco máis distante, en terreo agrícola, outra á divinidade galaico-lusitana Cosus.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Armada Pita, Xosé – Lois. El culto a Santa Eulalia y la cristianización de Gallaecia: algunos testimonios arqueolóxicos. Universidade da Coruña. Revista Habis 2003 ( pax.365 383) Universidad de Sevilla
No catálogo do PXOM de Negreira
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA004.PDF pax. 13
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9042465181Lonxitude: -8.72752189636
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 2, 2017
Nova deste ben na prensa escrita do 1 de maio de 2017:
http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/agora-evoca-aos-romanos-residiron-logrosa/idEdicion-2017-05-01/idNoticia-1053106/