Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Castrelo de Miño / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Castrelo de Miño (Santa María)
Lugar: O Padreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Conxunto formado por unha cruz e un peto de ánimas, que nace sobre un chanzo cadrado, hoxe tapado. A base é de sección cúbica moldurada rodeada de dúas mesas a xeito de altares. O varal cilíndrico dá paso a un capitel tipo xónico con volutas. A cruz presenta centro en listel e extremos resaltados. O peto de ánimas é de tipo aberto cunha fornela hoxe baleira.
Na parte superior podemos ver a inscrición co ano da súa feitura: “1844”

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (Aprobación inicial outubro 2009) Ficha 253 – Páxina 69)

http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320220301.html

ENLACES DE TIPO LEGAL

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2901594739
Lonxitude: -8.11404973269
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84