Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Lérez (San Salvador)
Lugar: Rúa Xoán Manuel Pintos
Outra denominación do ben: Cruceiro de Santiago Peregrino
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo e un pedestal cúbico achafranado. Na cara do anverso do pedestal ten dúas placas cunhas inscricións que din: “CRUCERO DEL S. XVI RECUPERADO Y RESTAURADO POR AMIGOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO EN COLABORACIÓN CON AMIGOS DE PONTEVEDRA EN SU XXV ANIVERSARIO. AGOSTO 1996”. “LA RESTAURACIÓN HA SIDO REALIZADA GRACIAS A LA COLABORACIÓN DE GRANITOS PAZOS SL MARCON 1996”. Nas caras dereita e esquerda, recadradas, ten esculpidas, a figura do escudo de Santiago e unha vieira. No lado do reverso ten o escudo de Pontevedra en forxa. O pedestal é cuadrangular achafranado. O capitel cuadrangular decorado con motivos vexetais. A súa cruz é octogonal con remates florenzados e botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza semella ir anoado á dereita. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Este cruceiro foi retirado do seu sitio orixinal, supostamente estaba a carón da Capela de Santiaguiño do Burgo; hoxe desaparecida, e foi recuperada segundo as placas inscritas na cara do pedestal do cruceiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4364008928
Lonxitude: -8.64322453743
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84