
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castrelo de Miño / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Ponte Castrelo (Santo Estevo)
Lugar: Santo Estevo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación dos séculos XVII-XVIII, aínda que orixinariamente románica, feita a base de cadeirado granítico. Presenta planta rectangular dunha soa nave con contrafortes nos laterais, e con cuberta a dúas augas, agás na ábsida que é a catro. Posúe pináculos nos extremos.
Aínda conserva canzorros exteriores de época románica.
Na fachada principal de estilo neoclásico vemos unha porta de acceso enmarcada por pilastras con acanaladuras e capiteis con volutas. Máis arriba o friso no que aparece a imaxe do patrón no interior dunha fornela. Unha fiestra rectangular e unha cruz pétrea coroan o conxunto.
Nun dos laterais da fachada vemos a torre-campanario de catro corpos con varandas e remate en cúpula e cruz de ferro.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000024456
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PXOM DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
(Aprobación inicial outubro 2009. Ficha 257 – Páxina 73)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.298817732Lonxitude: -8.08504164219
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 26, 2017
Detalle dun desaugadoiro situado na fachada principal.