Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Lérez (San Salvador)
Lugar: Rúa Celso Emilio Ferreiro, Campus Universitario.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cúbico achafranado. O varal é cuadrangular con chafrán, comezando en cadrado coas caras recadradas. Pola cara do reverso, na súa metade superior, hai unha figura dunha virxe descalza sobre un pedestal cun crucifixo colgando na cadeira esquerda. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados con decoración de follas, froitos, (acio de uvas), e volutas. A súa cruz é cuadrangular lixeiramente achafranado presentando a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Ten cabeza ergueita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4395668672Lonxitude: -8.6375095323
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84