Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Pazos de Rei (O Sagrario)
Lugar: O Ánxel
Outra denominación do ben: Capela de San Rafael
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela do ano 1650 feita a base de pedra granítica labrada e escuadrada, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. A sancristía sitúase á esquerda do altar con cuberta a dúas augas.
A fachada principal, con pilastras nos laterais con remates en pináculos, presenta unha porta de acceso con arco de medio punto rebaixado, óculo lobulado e remate en espadana de dous vans.
Esta capela foi realizada polo bispo Diego de Torquemada. Existen varios brasóns nos muros laterais e no seu interior.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000034920
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
No adro da capela dise que varias acacias que alí penduraban foron traídas da man do propio bispo Frei Rosendo Salvado na súa viaxe de misioneiro a Australia no século XIX.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA103.PDF (Páxina 23)
http://pdf.depontevedra.es/ga/103/fWauyaRccV.pdf (Páxinas 28)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0594755121Lonxitude: -8.64585399628
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Abr 25, 2017
Primeiro brasón.
Oscar Franco says:
Abr 25, 2017
Segundo brasón, moi deteriorado.