Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dumbría / Fisterra (comarca)
Parroquia: Dumbría (Santa Baia)
Lugar: Marco do Couto (Figueiroa)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O cruceiro componse de plataforma de tres chanzos sobre o que se asenta un pedestal prismático de arestas superiores rebaixadas. Deste, arranca o varal con comezo de pequeno tramo en seccción cadrada e logo tórnase circular. Remata en colariño ao que segue un capitel simple con equino en curva. Cruz de sección cadrada con arestas biseladas e remates de brazos cuarteados. No anverso vai a figura do Crucificado e no reverso a da Virxe co corpo de Cristo morto no seu colo. O tallado das figuras é pouco refinado e moi elemental nos detalles anatómicos.
Ao atoparse na ruta xacobea de Santiago a Fisterra, os peregrinos foron amontoando pedras ao seu carón e a apenas se poden ver os chanzos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9856883144Lonxitude: -9.11326110363
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84