Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Pazos de Rei (O Sagrario)
Lugar: O Ánxel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Construción feita en pedra granítica, de planta octogonal.
Nun dos seus muros aparece a seguinte inscrición: “CONSTRUIDO POR LA ENTIDAD LOCAL MENOR 1957”.
O acceso realízase por medio dunha escaleira feita do mesmo material. Por debaixo dela unha pequena porta da acceso á parte baixa do palco.
A varanda está feita en tixolo pintado en branco, e a cuberta é de chapa.
Este palco atópase no adro da capela do Anxo da Garda (http://patrimoniogalego.net/index.php/94309/2017/04/capela-do-anxo-da-garda-2/). Ao seu carón podemos ver un segundo palco moi semellante (http://patrimoniogalego.net/index.php/94318/2017/04/palco-de-musica-do-anxo-ii/)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Se di que este palco soa peor que o novo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA108.PDF (Páxina 18)

http://palcosdamusica.blogaliza.org/2015/08/28/pazos-de-reis/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0595701038
Lonxitude: -8.64596664906
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84