Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Palas de Rei / Ulloa (comarca)
Parroquia: Vilar de Donas(San Salvador)
Lugar: Vilar de Donas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Edificada no século XII, esta igrexa románica, declarada Monumento Nacional en 1933, é o que queda dun antigo mosteiro.
Presenta unha soa nave, cruceiro e cabeceira triabsidal onde destaca o principal polo seu grande tamaño. Posiblemente esta cabeceira sexa anterior ao resto do templo. A fachada occidental debeu estar rodeada por un pórtico do que queda unha das súas partes. A porta principal ten cinco arquivoltas de medio punto moi decoradas con todo tipo de motivos como palmetas e zigzagueados.

No exterior, onde os tres arcos abovedados son a parte que se conserva do claustro do antigo mosteiro, atópanse uns capiteis onde están esculpidas as representacións de San Bartaolomeu, San Miguel, e a Virxe María co neno Xesús.

Na ábsida central atópanse unhas pinturas góticas de enorme valor histórico-artístico. As figuras máis grandes representan a anunciación co arcanxo San Gabriel á esquerda e a Virxe María á dereita. Na bóveda está plasmada unha representación do xuízo final, mentres que na parte inferior das pinturas represéntase a Xesús Cristo enmarcado entre os reis da época, Juan II de Castela, gran protector dos peregrinos, a súa esposa, María de Aragón, e o seu fillo Enrique, futuro rei Enrique IV, medio irmán de Isabel a Católica.
Estas pinturas, realizadas para o Ano Santo Compostelán de 1434, dan unha idea da importancia que tiña daquela, tanto este templo como a celebración de Ano Xacobeo. Posúen a seguinte inscrición:
“NO ANO DE MILL CCC XXXIV PETRUS NUNII DE TURIS ME FECIT”

O baldaquino gótico do século XV onde se atopa a imaxe da Virxe María, é único en Galicia.
O retablo pétreo, que orixinariamente estaba situado no altar e que contén representacións da paixón de Cristo, conforma unha inusual iconografía da chamada misa de San Gregorio, lenda nacida entre os séculos XIV e XV que narra a aparición de Cristo ao Papa Gregrorio mentres celebraba a misa, rodeado dos instrumentos da paixón e amosando os seus estigmas.

O nome deste lugar responde á historia deste centro relixioso, orixinariamente poboado exclusivamente por monxas.

Fundado a mediados do século XII por Arias Pérez de Monterroso e a súa dona, co paso de tempo pasou a pertencer á Orde de Santiago, que protexía os peregrinos que se dirixían a Compostela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Como recordo da relación con esta orde relixiosa e militar, consérvanse no interior do templo as lápidas dos cabaleiros de Santiago que foron soterrados neste templo.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 16 de agosto de 2023 recolle a nova dos traballos de conservación e restauración na porta principal de madeira e forxa do século XIII (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA005.pdf (pax 5) Concello Palas de Rei . Arquitectura Relixiosa-

Foi declarado Monumento Histórico-Artístico por decreto do 3 de Xuño de 1931 (Gaceta 4-VI)

http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5396/igrexa-monacal-de-san-salvador-de-vilar-de-donas?langId=gl_ES (Visita virtual)

TRABALLOS DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DA PORTA PRINCIPAL
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/palas-de-rei/2023/08/16/castano-gallego-dura-800-anos-puerta-iglesia-vilar-donas-palas-rei/00031692203547563490319.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8925593878
Lonxitude: -7.80960559845
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84