Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Castrelo de Miño / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Ponte Castrelo (Santo Estevo)
Lugar: O Pousadoiro - Monte Calvario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto formado por tres cruces. A cruz central nace sobre unha base cúbica. O seu varal de sección cilíndrica dá paso a un capitel algo tosco decorado con volutas e follas. A cruz de remate, de sección cilíndrica, posúe a imaxe de Cristo crucificado.
Este cruceiro ten sinais dunha rehabilitación en época moi recente.
A cruz da dereita é de fábrica sinxela: base cúbica, varal cilíndrico e cruz tipo latina sen imaxes.
A cruz da esquerda vímola esnaquizada e os seus restos esparexidos polo chan. Tiña a mesma factura que a anterior.
O conxunto acompáñase dun altar baixo unha cuberta a catro augas, todo de recente factura. Tamén existe un depósito de auga que afea o conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (Aprobación inicial outubro 2009) Ficha 310 – Páxina 87)

http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320220502.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2986262871
Lonxitude: -8.08055698872
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84