Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Presqueira (San Martiño)
Lugar: San Martiño de Presqueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Sobre soportes de cantería levántanse os catro pés tronco-piramidais, os das cabezas dunha soa peza, sendo en dúas pezas os centrais. Sobre estes descansan os tornarratos rectangulares con extremos redondeados con rebaixe esférico.
Enriba a cámara de triple corpo con estrutura de pedra e rañuras de aireación nas pedras verticais centrais. Os laterais con listóns de castiñeiro e entre eles rañuras de aireación, nas cabeceiras ten as portas de madeira, tamén en castiñeiro e cas mesmas rañuras dos laterais. Sobre a porta de nacente ten gravada a data 1900.
Tellado a dúas augas con sobrepenas nas cabeceiras, sobre estas remates con pináculo por poñente e cruz por nacente, a tella é curva do país.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://ssl.panoramio.com/photo/27454461


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.21538
Lonxitude: -7.672012
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84