Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Fonte,
Concello: Castrelo de Miño / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Castrelo de Miño (Santa María)
Lugar: Santa María
Outra denominación do ben: Termas de O Diestro
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Ao carón do encoro de Castrelo de Miño podemos ver estas termas de época romana que so son visibles cando o nivel do encoro está baixo.

O conxunto que a día de hoxe se pode ver está formado por un alxibe de pequenas dimensións e unha canle formada por perpiaño granítico. o manancial de auga é de tipo sulfurosas e ferruxinosas. Debaixo das augas do río Miño existen dúas piscinas termais con auga a 50 grados e cinco pozas auxiliares, algunhas enteiras e outras deterioradas, ademáis das canles das augas.

Tamén se poden ver diferentes gravados ao redor do conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Existe unha lenda sobre estas termas que di que o criado de San Telmo levaba en dous caldeiros as Burgas para colocalas en Ribadavia pero que os veciños da vila apedrárono e saíu escapando, levándoas a Ourense. De camiño, das pingas que se lle verteron na fuxida naceron estas fontes termais.
Tendo en conta que Pedro González Telmo viviu séculos despois, a lenda manifesta o aprecio que se tivo por estas augas ao longo dos tempos e o costume de cristianizalo todo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (Aprobación inicial outubro 2009) Ficha 117 – Páxina 1)

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-ii.html

https://www.castrelo.gal/gl/concello/castrelo_de_mino/historia.htm

http://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/caudal-mino-deja-vista-mas-termas-castrelo/20171017102038742373.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O xacemento atópase moi alterado polo encoro e as obras adxacentes.


Onde está localizado

Latitude: 42.2905811054
Lonxitude: -8.1163161993
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84