Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Aro (San Vicenzo)
Lugar: San Vicenzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de nave única con planta rectangular e corpo engadido na zona do presbiterio para a sancristía. Tellado a tres augas con cuberta de tella curva. Muros feitos a base de sillería granítica. Fachada con porta alintelada con adorno de molduras a que segue unha fornela sen imaxe e un reloxo no eixo central. Aos lados está percorrida verticalmente con pilastras de orde xigante con capiteis de estilo dórico que enmarca á parte inferior do frontón, que remata con cornixa voada. Do centro do hastial levántase a torre do campanario, coa base cadrada, con cornixa de adornos de placas e corpo de columnas apilastradas con catro ocos de arco de medio punto para colgar as campás. Segue un pequeno corpo de 8 vans e pequena cúpula nervada con pináculo e cruz de forxa na cima.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9115547608
Lonxitude: -8.78458857536
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84