Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (San Estevo)
Lugar: Pinillas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Poucos metros cara ó sur do muíño do Matulete, localízase este penedo, practicamente o único pola zona e que reúne as condicións óptimas para conter gravuras (orientación e auga próxima).
Penedo cunhas dimensións de aproximadamente 3 m. de longo por 2,5 m. de ancho e levantando 1,5 m. do terreo, no que podemos observar varios tipos de gravuras. Distinguimos unha media ducia de coviñas con unhas dimensións medias de 5cm de diámetro e unha fondura próxima ós 2,5 cm., ademais distínguense zonas con sucos en círculos incompletos e polo lado norte ten uns chanzos que en parte son naturais, e están traballados para facilitar o acceso cara á cima do penedo.
Atopado por Benxamín Blanco Simón nun dos seus paseos pola zona do muíño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.21342
Lonxitude: -7.705632
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84