Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (San Estevo)
Lugar: Subalado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de maquía no regueiro Ambiela, de planta rectangular, de 6x4m, feito en cachotería de granito, coa cuberta a dúas augas con estrutura en madeira e tella curva do pais.
Polo lado norte ten a porta de entrada, con un pousadoiro para as saquetas ao lado esquerdo.
Está formado pola parte baixa ou inferno onde está o rodicio e unha primeira planta, onde se facía a moenda, e que estaba composta por dúas moas que permanecen no seu aloxamento, pero xa desprovistas das caixas de madeira.
Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa. No final de este canle está a caída cara o rodicio, feito en cantearía de granito en sección rectangular con un burato interior cónico, polo que pasa a auga no seu descenso.
A meirande parte dos muíños de esta zona son da modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da pequena gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.

Este muiño foi rexentado polo señor Matulete da Esperela, que foi un dos grandes profesionais da época, non soamente neste muiño da súa propiedade, senón axudando a posta en funcionamento de outros da zona. Como “o do Piepito” na zona da Ponte da Pedra no Arnoia, no que el axudou a formación dos novos donos, alá por finais dos anos 30 do século XX, cando foi mercado e restaurado.
Esa época en que un veciño axudaba a outro a progresar, o “hoxe por ti mañá por min”.
Estes “negocios” foron o motor que moveu a economía de contadas familias neses tempos tan difíciles na nosa Galiza.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.panoramio.com/m/photo/32486913


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.213526
Lonxitude: -7.705497
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84