Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Fornelos de Montes / Vigo (comarca)
Parroquia: Calvos (Santo Adrián)
Lugar: A Alén de Abaixo - Porto de Bois
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas situado no piar dun lavadoiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/94500/2017/05/lavadoiro-de-porto-de-bois/).

Consta dun retablo pétreo esculpido no propio piar no que se pode ver a imaxe de Cristo crucificado e, na parte baixa, cinco almiñas, entre eles un cura con bonete.
o conxunto gorécese cunha estrutura de ferro con cuberta a dúas augas.

Nun lateral vemos o caixón para as esmolas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Fornelos de Montes”. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). Colección Etnografía Galega, Vol. XLVI. Vigo. 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3351281763
Lonxitude: -8.50019797683
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84