Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Campelo (San Fins)
Lugar: San Fins
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela de planta rectangular con tellado a dúas augas e cuberta con tella curva. Fábrica de cachotería recebada e pintada de branco agás nos esquinais e marcos dos vans que son de sillería granítica.
A fachada principal vai sen decoración e amosa porta alintelada e un pequeno van no centro. No cume do hastial unha base cuadrangular asenta unha espadana dun corpo con arco de medio punto para albergar á campá e rematada en cruz de pedra sobre pedestal cúbico.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

No catálogo do PXOM de Negreira
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA004.PDF pax. 18 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8965915801
Lonxitude: -8.77949237823
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84