Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: San Xoán de Laíño
Lugar: Imo
Outra denominación do ben: Muíño do Souto
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Muíño de cubo con canle de máis de trinta metros sobre muro de cachotería que recolle a auga do Pozo do Souto no Rego de Imo. Tellado a unha auga con pranchas onduladas de fibrocemento parcialmente cuberto con tella do país. Paredes de cachotería. Aínda conserva todos os elementos do muiño aínda que coas obras de soterramento do Rego de Imo ó paso pola Lavandeira quedou “afogado” e non ten saída suficiente da auga polo aliviadoiro.
É o mellor conservado no Rego de Imo onde chegou a haber: “O Muíño das Mouriñas, O
Muíño Novo, O Muíño da Richalda, O Muíño das Señoritas, O Muíño Farraco,(‘saco’, ‘fardel’, do lat. FAR, FARRIS, ‘fariña’), O Muíño Cagadoiro (ademais do significado máis obvio, cagadoiro, podería aplicárselle a un saco ou a un recipiente furado que perde o que contén, neste caso a fariña),O Muíño Vello, O Muíño Pontello e O Muíño de Lago.” Segundo “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga” de Manuel Lorenzo Baleirón


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
LORENZO BALEIRÓN, Manuel: “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga”. Concello de Dodro, 2011.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7131191246
Lonxitude: -8.72441455722
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84