Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Betanzos (comarca) / Miño
Parroquia: Vilanova (San Xoán)
Lugar: A Fraga
Outra denominación do ben: Mámoas de Vilanova
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Agra de mámoas atopada no 2005 durante a construción da urbanización de Miño por Fadesa. As mámoas foron redescubertas, escavadas e catalogadas por Patrimonio. Están situadas nunha pequena chaira entre o río Vidreiro e a fraga que hai xunto a el. Actualmente están encaixadas entre o campo de golf e a urbanización. Segundo os veciños, na zona había 5 mámoas. Só se conservaron dúas. Unha terceira, teoricamente foi modificado o proxecto da urbanización para salvala, aínda que estaba moi estragada. Non se sabe da ubicación desta mámoa.
Foron escavadas atopando pezas do enxoval. Segundo os veciños, levaron as pedras da cámara funeraria, non se sabe quen nin a onde. En 2015 o concello de Miño desbrozou a zona con maquinaria pesada sen permiso de Patrimonio. Actualmente a zona é unha toxeira aínda que está valada e sinalizada. Os carteis esnaquizáronse. Na zona existe o topónimo Modia co que se designaban estas mámoas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/12/06/denuncian-lamentable-mamoas-costa-mino/1132038.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mamoas-e-antas-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3760424967Lonxitude: -8.18749666214
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84