Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Fornelos de Montes / Vigo (comarca)
Parroquia: Oitavén (San Vicente)
Lugar: San Vicente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa feita a base de perpiaño granítico, de planta rectangular e cuberta a dúas augas agás na absida que é a catro, con remates en pináculos. A sancristía a podemos ver adosada ao muro lateral.
Na fachada principal podemos ver a porta de aceso lintelada. Por riba dela un pequeno frontispicio de arco de medio punto na que figura a seguinte inscrición moi erosionada:
“(¿ — ?)
D.JOAQUIN GONZALEZ
SIENDO ECONOMO D. LEOPOLDO C.
AÑO 1905”
Maís arriba un ocelo con derrame interno e unha fornela coa imaxe do patrón sobre peaña.
O conxunto remata nunha espadana de recente factura, de dous andares con arcos de medio punto, pináculos nos extremos e cruz pétrea de remate.
Esta igrexa foi restaurada recentemente.
No pasado a igrexa tiña unha espadana moldurada cunha fermosa balconada.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031653
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FORNELOSDEMONTES/documents/0787CA002.PDF (Páxina 8)
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao: “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Fornelos de Montes”. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). Colección Etnografía Galega, Vol. XLVI. Vigo. 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3249618567Lonxitude: -8.47196906805
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 16, 2017
detalle da porta de aceso coa inscrición.