Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Arbo / Paradanta (comarca)
Parroquia: Arbo (Santa María)
Lugar: A Aduana
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Petróglifo situado nunha laxe plana granítica. Os gravados están compostos por dúas combinacións circulares con coviña central, unha figura humana e un grupo de cuadrúpedes que semellan ter unhas lanzas na parte superior.
Segundo algúns autores, estes elementos fai pensar en que estamos ante a representación dunha escena de caza con certo carácter ritual.
Xunto co petróglifo da Poza da Lagoa do concello de Redondela (http://patrimoniogalego.net/index.php/14302/2012/02/poza-da-lagoa/), estes gravados da Baixada da Barca son os únicos que representan a cuadrúpedes esquemáticos asociados a combinacións circulares.
Habería que destacar que a presencia da figura humana (escasa nas superficies coñecidas deste área xeográfica) formando parte activa dun panel con cuadrúpedes, aparece no panel de cuadrúpedes esquemáticos da coñecida como Pedra do Cazador en Pedornes, no concello de Oia. (http://patrimoniogalego.net/index.php/82259/2016/02/pedra-do-cazador/)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA36001004 // RI.000030024
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/12/petroglifo-da-baixada-da-barca.html
http://historiadegalicia.gal/2016/07/un-petroglifo-unico-en-galicia-leva-anos-asfaltado/
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galizagalicia-provincia_9.html

BIBLIOGRAFÍA
CERTAL RODRÍGUEZ, Xosé Manuel e COSTAS GOBERNA, Fernando Javier. “Baixada da Barca (Arbo, Pontevedra) un exemplo da singularidade dos petróglifos do Suroeste galaico e Noroeste portugués, en perigo de desaparición” Glaucopis: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses, ISSN 2254-9749, Nº. 14, 2009, págs. 231-244 (en liña)

SANTOS ESTÉVEZ. Manuel. “Petroglifos y paisaje social en la prehistoria reciente del noroeste de la Península Ibérica”. TAPA 38. Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio. Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC – Xunta de Galicia). Santiago de Compostela, 2007 (en liña)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Parte do petróglifo está tapado polo asfalto. Ademáis por riba del pasan os vehículos das casas adxacentes.


Onde está localizado

Latitude: 42.1188155434
Lonxitude: -8.28558236361
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84