Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Ribadavia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Ventosela (San Paio)
Lugar: San Paio
Outra denominación do ben: Casa do Carballo
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación feita en perpiaño granítico, de planta cadrada con baixo e primeiro andar, e cuberta a catro augas.
Na finca existen varias edificacións adxectivas de diferentes épocas.
Este pazo foi construído sobre unha edificación anterior do século XVI.
Aínda así o nome de “Carballo” xa aparece nun documento do Mosteiro de Santa María de Melón do ano 1397 onde se di que “con outra leira que ten Constanza Sol que foy de Pedro Afreus e en fondo topan con “Agro do Carballo”.
Tamén existen documentos do século XVI que falan da pertenza desta casa ao Mosteiro de San Martín O Real de Santiago.
A día de hoxe o pazo funciona como hostalería.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.pazocarballo.es/
http://turismourense.com/ver/ver_concello/2
BIBLIOGRAFÍA
LEIRÓS FERNÁNDEZ, ELADIO. “Catálogo de los pergaminos monacales del Archivo de la S.I. Catedral de Orense”. Catalogo Nº 3197. Ed. El Eco Franciscano. 1951
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3038506406Lonxitude: -8.12013834715
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 22, 2017
Escudo que podemos ver na parte sur do edificio, con cimera emplumada mirando á dereita. No primeiro cuartel aparecen as armas dos Araujo, cunha muller asomando nunha torre, con flor de lis a cada lado dela; tres flores de lis noutra torre e unha ave cun paxaro nas gadoupas.
Oscar Franco says:
Mai 22, 2017
Escudo que podemos ver na parte leste do pazo.
Posúe coroa condal coas armas dos Condes de San Román (no primeiro cuartel dos Sarmiento e a continuación a dos Fefiñanes
Na parte baixa da dereita tres barras ladeadas da casa dos Condes de Maceda.
adela suma says:
Mai 24, 2017
O concello conta por planeamento vixente cunhas NSP de 1986 sen catálogo; acudindo ao Inventario dePatrimonio Cultural das Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento de Ourense, o ben está inventariado (páxina 5):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA005.PDF