Cruceiro da igrexa de San Vicenzo de Aro
Catalogouno elixiovieites o Mai 23, 2017 • 7:43 p.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Aro (San Vicenzo)
Lugar: San Vicenzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro cunha plataforma de tres chanzos no que se asenta un pedestal prismático do que arranca o varal. Este é de sección cadrada preto da base e logo álzase en octogonal ata un capitel adornado con talla de cara de anxo e un cálice, rodeados de motivos vexetais e volutas. Na cruz de sección redonda, con nós e cartela, vemos a un cristo tallado con boa execución no tratamento anatómico. O crucificado vai apoiando os seus pés nunha peaña na base da cruz. No reverso unha virxe con manto en actitude de rezar cun anxo aos seus pés.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Segundo a información dun comentario de Silvia Mariño a esta ficha do cruceiro de Aro:
“Este non é cruceiro orixinal, o orixinal era de finais do século XVIII. Foi retirado no ano 1996 do seu emprazamento orixinal cando se acondicionou o entorno da igrexa parroquial de Aro. Tras as denuncias da oposición colocouse este novo sin ningún valor histórico. O orixinal posuía unha plataforma cuadrangular de 2 gradas, a primeira moi elevada, tiña tamén mesa ou pousadoiro, o actual non ten mesa e ten 3 chanzos. O varal que ahora vemos cadrado e logo octagonal era todo circular. Posuía un capitel cilíndrico con volutas, cabezas de anxos aladas, astrágalo circular. A cruz cuadrangular con brazos con chafráns e sobre ela un cristo crucificado e unha piedade. Pódense ver as fotos do orixinal na obra de Luis Martín”.
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA004.PDF pax. 9 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9120340884Lonxitude: -8.78375709057
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






2 comentarios
Silvia Mariño says:
Set 30, 2017
Este non é cruceiro orixinal, o orixinal era de finais do século XVIII. Foi retirado no ano 1996 do seu emprazamento orixinal cando se acondicionou o entorno da igrexa parroquial de Aro. Tras as denuncias da oposición colocouse este novo sin ningún valor histórico. O orixinal posuía unha plataforma cuadrangular de 2 gradas, a primeira moi elevada, tiña tamén mesa ou pousadoiro, o actual non ten mesa e ten 3 chanzos. O varal que ahora vemos cadrado e logo octagonal era todo circular. Posuía un capitel cilíndrico con volutas, cabezas de anxos aladas, astrágalo circular. A cruz cuadrangular con brazos con chafráns e sobre ela un cristo crucificado e unha piedade. Pódense ver as fotos do orixinal na obra de Luis Martín.
elixiovieites says:
Nov 9, 2017
Grazas Silvia, non vira antes o comentario. Paso a incorporar esta información ao apartado “historia recente do Ben”. Saúdos