Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Fisterra / Fisterra (comarca)
Parroquia: Fisterra
Lugar: Fisterra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O faro da fin da terra construíuse en 1853, deseñado polo enxeñeiro Félix Uhagón. A súa luz esténdese dende unha altura de 143 metros sobre o nivel do mar e alcanza as 31 millas, uns 57 quilómetros. O faro lanza un flash de luz cada 5 segundos.

Camiñando cara o extremo do cabo do “Finis terrae” chegamos ó faro. A grosa torre ten forma troncopiramidal e de sección octogonal. Encáixase na fachada sur do edificio fareiro e deixa a vista a súa construción de cantería. Ten unha altura de 13,30 metros e remata nunha cornixa cun pequeno balcón. Un torreón cilíndrico de 2,30 m sostén a lanterna poligonal de case 5 metros de altura.

Pola súa situación estratéxica, foi un dos primeiros faros de primeira orde de España, xunto co do cabo Matxitxaco en Bizkaia, creados no s. XIX pola Comisión de Faros.

O edificio da Serea atopámolo nun edificio distinto a un nivel inferior ó da torre do faro. Comezou a funcionar en 1889 para poder suplir a luz do faro nos días de néboa. Aínda hoxe resoan os seus cornos nos días bretemosos cunha forza e un brúar que lle valeron o alcume da “vaca de Fisterra” polos mariñeiros, polo seu son característico e pola disposición destes, xirados cara os lados coma os cornos dunha vaca.

No alto do monte, sobre unha base de pedra, érguese o edificio do Semáforo. Dispón de dous niveis, coa entrada pola parte norte. Foi construído no 1879, cunha instalación electrosemafórica, para emitir señais da Mariña de Guerra. Foi rehabilitado polo arquitecto César Portela e actualmente está dedicado á hostalería.

O enclave do Cabo considerado a fin do mundo dende a Antigûidade foi declarado no 2007 Patrimonio Europeo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Marilar Aleixandre,  na súa obra “Dorna” (2001), fala da “vaca de Fisterra”:

“Brúa Ío, brúa, como a vaca de Fisterra

non temas a súa voz,

uns mareantes han tomala por sinal

de escollos e baixíos, rachas de nordés e borraxeira

outros virán

atraídos polo seu canto

ós inseguros tombos de leite”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, XªMª e VILAR ÁLVAREZ, M. (2003) Polos faros da Costa da Morte. Ed. Tórculo Artes Gráficas. Santiago de Compostela


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88238734539646
Lonxitude: -9.271881580352783
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84