Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: San Xoán de Moreiras (San Xoán) – San Martiño de Moreiras (San Martiño)
Lugar: A Pena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A non moita distancia da igrexa parroquial de San Xoán de Moreiras, atopamos a gravura sobre unha peneda sita na zona de A Pena, topónimo claramente relativo a esta peneda.
A laxe ten unhas dimensións aproximadas de 6m x 3,5m e unha altura visible de 1,5m.
Presenta numerosas coviñas unas 100, de varios tamaños que varían dende os 13cm ata os 3cm, e a súa profundidade vai dende os 8cm ata os 2cm. Aparentemente non teñen un orden concreto, aínda que varias de elas están aliñadas en dirección norte-sur.
Chama a atención a forma claramente artificial que presenta a cima da laxe, que mide aprox. 1m x 1,5m, na súa cima ten unha gran pía natural modificada e varias coviñas artificiais, algunha unidas por sucos entre elas.
Ten visibles as marcas das tallas en dirección vertical (unhas 50)por toda a súa contorna, formadas por sucos de uns 3cm de ancho por 2cm de profundidade aproximadamente.

Segundo seu descubridor, algúns veciños, os de maior idade, tiñan escoitado que o penedo non se debía estragar.
Podería ser un lugar para rituais, a modo de altar para ofrendas, especialmente a zona alta onde se sitúan as coviñas arredor da pía e mais os riscos.
Fai de marco divisorio entre as parroquias de San Xoán de Moreiras (San Xoán) e San Martiño de Moreiras (San Martiño) no concello de Pereiro de Aguiar.

Atopado e posta en valor “As Tres Trabes”
Información para esta ficha “As Tres Trabes”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

"Petroglifo de A Pena" San Xoán de Moreiras/ Pereiro de Aguiar/ Ourense https://goo.gl/PmfWHGInédito. Cronoloxía…

Publicada por As Tres Trabes en Sábado, 11 de marzo de 2017


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.312744
Lonxitude: -7.762504
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84