Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oroso
Parroquia: Oroso (San Martiño)
Lugar: A Igrexa, Oroso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa con planta de cruz, muros de carga enfoscados e pintados de branco e o tellado a dúas augas con cubrición de tella curva do país. A ábsida rectangular continúa coa sancristía polo norte, sendo un engadido posterior que rompe a cruz.
A fachada de forma pentagonal, esta delimitada por elementos de cantería granítica: esquinais e dúas bandas transversais que establecen unha división visual en tres corpos, un correspondería a porta rectangular de entrada, o corpo central, cunha xanela rectangular e abocinada. Debaixo desta xanela, un gran perpiaño rectangular que abrangue o ancho da xanela, contén unha inscrición moi feble pero na que se pode ollar, “ANO DE 1882”, e o último corpo que serve de base para a espadana de dous corpos. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxa-las campás; con seguridade orixinais, dado que datan do ano 1886. O segundo un frontón triangular curvo flanqueado por dous pináculos moi moldurados e rematados por outro pináculo moi moldurado cunha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OROSO/documents/9002CA002.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9948714353
Lonxitude: -8.43531109382
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84