Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Oroso
Parroquia: Oroso (San Martiño)
Lugar: Adro da Igrexa de San Martiño de Oroso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cúbico rematado con chafráns levando acaroado un pousadoiro. Ten un varal octogonal comezando e rematando con boceis. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Está decorada con volutas e coas imaxes de: San Francisco, San Antonio de Padua, San Martiño como bispo e outra non identificada. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con mediacana, remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e bendecindo con ambas mans. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada coroado e cun cetro. Ten o Neno Xesús no colo e coa lúa aos seus pés sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.:”Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OROSO/documents/9002CA003.PDF (Páx.4).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9948784652
Lonxitude: -8.43516089011
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84