Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Fornelos de Montes / Vigo (comarca)
Parroquia: Fornelos de Montes (San Lourenzo)
Lugar: Soutosico
Outra denominación do ben: Esmoleiro da Sagrada Familia, Virxe dos Milagres e Santa Bárbara
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:
Peto de ánimas feito no ano 2005 e costeado polos veciños do lugar.
O peto posúe fornela con arco de medio punto protexida cun enreixado metálico e un cristal. Aos laterais molduras con forma de columnas.
No seu interior vemos as imaxes da Virxe dos Milagres, Santa Barbara (que é a patroa do lugar) e a Sagrada Familia.
O conxunto remata cunha cruz pétrea e dous pináculos aos lados.
Na parte baixa atópase o caixón das esmolas. Tamén aparece unha cartela coa seguinte inscrición:
“SANTUARIO EN HONRA DA SAGRADA FAMILIA
ALBERGA TAMÉN Á VIRXE DOS MIRAGRES
E A PATROA DESTE BARRIO, SANTA BÁRBARA,
FEITO COAS APORTACIÓNS DA ASOCIACIÓN DE
VECIÑOS DOS DEVOTOS DA SAGRADA FAMILIA
REMEMORANDO DESTE XEITO UN ANACO DAS
VIDAS DOS NOSOS ANTEPASADOS.
SOUTOSICO, MES DE SANTOS DE 2005”
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.xoanarcodavella.com/2013/08/peto-de-soutisico-fornelos-de-montes.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao: “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Fornelos de Montes”. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). Colección Etnografía Galega, Vol. XLVI. Vigo. 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3421268523Lonxitude: -8.46812412143
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84