Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Fornelos de Montes / Vigo (comarca)
Parroquia: Fornelos de Montes (San Lourenzo)
Lugar: Vilán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado con fornela de arco de medio punto protexida cun enreixado metálico.
O retablo que podemos ver no interior da fornela está feito en madeira policromada. As imaxes que nel se representan son 7 almiñas postas en dúas fileiras de tres. Na parte superior aparece un bispo coa súa mitra.
Antigamente tamén posuía tres figuriñas de santos que, moi posiblemente, foran roubadas.
O corpo do peto remata cunha decoración moldurada e cunha pequena cruz.
Na parte baixa vemos unha inscrición que di o seguinte:
“A LAS ESPENSAS D JOSE V. CAMBESES.
AÑO D 1904”

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.xoanarcodavella.com/2013/04/peto-de-animas-en-vilan.html

BIBLIOGRAFÍA

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao: “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Fornelos de Montes”. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). Colección Etnografía Galega, Vol. XLVI. Vigo. 2009

FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES LEXISLACIÓN
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3560316827
Lonxitude: -8.45051810145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84