Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Fornelos de Montes / Vigo (comarca)
Parroquia: Fornelos de Montes (San Lourenzo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa parroquial do ano 1734 feita a base de perpiaño granítico, con planta de cruz latina e cuberta a dúas e catro augas.
Na fachada principal, o acceso realízase por medio dunha ampla escalinata. Sobre a porta de acceso vemos unha pequena fiestra. Máis arriba, un frontón moldurado con remates en pináculos e unha fornela coa imaxe do patrón.
O conxunto remata nunha torre campanario de tres corpos, o inferior con balaustrada.
Sobre unha das capelas laterais observamos unha torre cun reloxo de agullas de moderna factura.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031629
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FORNELOSDEMONTES/documents/0787CA002.PDF (Páxina 7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3403197617Lonxitude: -8.45278859138
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84