Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arbo / Paradanta (comarca)
Parroquia: Arbo (Santa María)
Lugar: San Bieito
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVIII feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado. Posúe planta de cruz latina cunha soa nave, dúas capelas nos muros laterais e ábsida. A cuberta é a dúas augas. A igrexa posúe pináculos nos extremos.

Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso con pilastras e arco de medio punto. Máis arriba, unha fornela na que aparece a imaxe da Virxe Inmaculada sobre o globo terráqueo, unha serpe e unha coroa de espiñas feitas en ferro. Tamén observamos unha pequena fiestra con derrame interno.
O conxunto remata nunha torre campanario dun só corpo con balaustrada, e unha cúpula sobre tambor que remata nun pináculo.

Existe documentación do ano 1021 que fala dunha antiga igrexa no mesmo lugar. Dito documento fala da doazón que fai o rei Alfonso IX da igrexa de Arbo ao Mosteiro de Melón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000030086
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARBO/documents/0710CA007.pdf (Páxinas 1 e 2)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es
http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=123
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/iglesiaarbo/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1152064085
Lonxitude: -8.31562444568
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84