Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Antas de Ulla / Ulloa (comarca)
Parroquia: Santo Estevo de Castro de Amarante
Lugar:
Outra denominación do ben: Pazo de Castro de Amarante
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Fortaleza fundada pola familia Noguerol, condes de Amarante, no século XIII sobre un antigo castro. Caracterízase por ser de arquitectura ruda, destacan as solainas situadas nas esquinas do edificio, con balaústres graníticos. Este pazo experimentou diversos derrubes e reconstrucións ao longo da súa historia. Ao igual cás outras fortalezas medievais galegas, sufriu os ataques das revoltas irmandiñas, o que fai que da construción orixinal tan só queden algúns restos. Concretamente, do castelo orixinal consérvanse unha grande estrutura de planta oval, que puido ser unha torre ou un reducto central. A esta accédese a través dunha porta oxival que se supón que data do século XIV o XV. Polo lado sur engadiuse un torreón, na actualidade desmoucado, e polo leste outro corpo rectangular, que polos balcóns que conserva sobre ménsulas escalonadas nas esquinas -posibles restos dun matacán- parece de finais do século XV.

Pertenceu ao linaxe dos Noguerol. Algúns dos seus membros pasaron a Castilla entrando nas ordes militares nas que tiveron encomendas. En tempo de Enrique II (1369-1379), era comendador de Belvis, na orde de Calatrava, frei Alonso Gutiérrez Noguerol, e do de Magdalena de Salamanca, na de Alcántara, frei Gutiérrez Noguerol, cuxo solar era a torre de Amarante. Frei Gil Rodríguez de Noguerol foi comendador de Caravaca en 1387, na orde de Santiago.

A Casa de Amarante está relacionada co mosterio de Vilar de Donas, onde teñen os seus enterramentos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Existe unha lenda que asegura a existencia baixo terra duns pasadizos que comunican o pazo co monte farelo. Un túnel construido por esclavos do que moitos aseguran a súa existencia.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA002.PDF (Páxina 3)

BIBLIOGRAFÍA
“La casa de Amarante”. Tese de doutorado presentado por A.S. Iglesias Blanco. Universidade de Santiago de Compostela-Facultade de Xeografía e Historia. Novembro 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7762435251
Lonxitude: -7.93051958084
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84