Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Industria,
Concello: Arbo
Parroquia: Sela (Santa María)
Lugar: A Granxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Século XIX, Século XX,
Descrición:

O que aquí podemos ver son os restos da antiga fábrica de augas “Aguas Minerales de San Martín de Sela”.
Neste lugar ao carón do río Miño consérvase a estrutura da edificación e unha pequena poza cun cano de auga de onde mana a auga termal, que sae a uns 20º C e cun subministro duns 500 litros/día.
O valor terapéutico destas augas, con propiedades bicarbonatadas-cálcicas e cloruradosódicas gasosas, foi descuberta no ano 1900 polo párroco D. José Pérez Domínguez. Poucos anos despois comézase a súa comercialización a mans do alcalde e veciño do lugar D. Antonio Pérez y Barreira.
Estas augas están indicadas para tratar enfermidades do estómago e intestinos, do fígado e páncreas, aparato respiratorio, enfermidades constitucionais, aparato urinario e a pel.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://zumezuja.blogspot.com.es/2012/12/el-manantial-sanador-de-arbo.html

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/06/02/manuscrito-inedito-gil-casares-describe-propiedades-curativas-aguas-sela-arbo/653763.html

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-da-paradanta/arbo/playasela/

http://www.balneariosdegalicia.gal/noticias/006-nota-manuscrito.pdf

https://www.researchgate.net/publication/283420840_La_Fuente_de_los_Templarios_Un_manuscrito_inedito_del_Prof_Gil_Casares_y_otros_antiguos_sobre_las_aguas_de_Sela_Pontevedra_de_gran_interes


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.090706013
Lonxitude: -8.35533723235
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84