Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Deza (comarca) / Vila de Cruces
Parroquia: Asorei (Santa María)
Lugar: Asorei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Recinto formado por unha croa circular duns 25 m. de diámetro e rodeada dun parapeto moi esmorecido e duns 6 metros de ancho. Está a 694 m. de altitude no extremo noroeste da Serra do Carrío e domina unha ampla visión do territorio da súa contorna. Está a 2,4 quilómetros doutro recinto con semellantes estruturas chamado Outeiro Grande e situado no extremo surleste de dita serra. É coherente a súa situación cun lugar de vixilancia ou control do territorio e a súa estrutura aseméllase a dun pequeno castelo ou atalaia, sen descartar que sexa outro tipo de asentamento. Segundo a información consultada o lugar está referenciado en Patrimonio
A foto para esta ficha é cortesía de Antonio Presas, e a imaxe lidar está cedida polo Instituto de Estudos do Territorio. IET (Xunta de Galicia).
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7493284987Lonxitude: -8.1639200449
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
elixiovieites says:
Xuñ 13, 2017
Imaxe lidar do lugar de Coto Grande Asorei (Vila de Cruces). Cedida por IET (Instituto de Estudos do Terrirorio. Xunta de Galicia). Do arquivo http://descargas.xunta.es/cf870813-1c78-45cc-9642-bcf5b92bf99d1495189356247
Vitor says:
Xuñ 14, 2017
O lugar está xa referenciado por patrimonio, aínda que non ten ficha leva algún tempo recollido como xacemento e tense constancia da súa existencia.
elixiovieites says:
Xuñ 14, 2017
Ola Vitor. A verdade é quen non tiven acceso ao catálogo arqueolóxico do novo PXOM de Vila de Cruces. Entón según dis, está como referencia, pero sen ficha. A verdade é que no mapa dos espazos a protexer que reflexan os planos do PXOM non vén nada marcado na súa área de protección, e mesmo lle pasa unha liña eléctrica por enriba. Iso foi o que me fixo pensar que non debía de estar na lista de elementos de patrimonio. Aquí podes ver o trazado da liña por enriba do asentamento http://descargas.xunta.es/descargar?url=4e80315e-2775-4660-8794-b0a25732a8261495190451220 (zona central superior da imaxe do pdf)
Outros plano de Identificación de áreas de especial protección, onde non se comtempla:
http://www.viladecruces.gal/images/PDF/PXOM/Tomo2/I-5-10.pdf
http://www.viladecruces.gal/images/PDF/PXOM/Tomo8/O-4-35.pdf
elixiovieites says:
Ago 18, 2017
Uns artigos sobre as estruturas circulares da Serra do Carrio en historiadegalicia.gal
http://historiadegalicia.gal/2017/08/fan-duas-impresionantes-estruturas-circulares-na-serra-carrio-vila-de-cruces-lalin/
e Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2017/08/18/o-carrio-unha-fonte-xacementos/1735140.html