Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Arbo / Paradanta (comarca)
Parroquia: Barcela (San Xoán)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Conxunto formado por un Calvario e un caixón de esmolas.

O calvario nace sobre unha plataforma pétrea de época barroca. As tres cruces, de época máis recente, nacen sobre unha pequena base cúbica coas arestas rebaixadas. Todas elas son de sección cadrada. A cruz central é a máis alta; a cruz da dereita presenta os brazos inclinados.

Ao seu carón vemos a caixa para as esmolas, feito cun piar pétreo e un caixón metálico para as ofrendas.

Ainda que non existen datos da súa feitura, é posible que sexa da mesma época que a capela da Virxe dos Milagres (http://patrimoniogalego.net/index.php/95064/2017/06/capela-da-virxe-dos-milagros/), que se atopa ao seu carón.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARBO/documents/0710CA010.PDF (Páxina 3)
http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=126
https://cruceirosdegalicia.xyz/360010201.html
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/milagros/

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0977875532
Lonxitude: -8.33539903164
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84