Cruceiros das Trece Cruces
Catalogouno Xoán Xosé Vicente o Xuñ 16, 2017 • 11:34 a.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Santa María de Isorna
Lugar: Puntal da Braña
Outra denominación do ben: Cruceiro de Punta Patiño
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Tres cruceiros, co do medio de maiores dimensións, alzado nunha punta baixa, rochosa, que se prolonga nunhas pedras que se poden calificar de illotes coa marea alta.
O conxunto presenta un detalle curioso: o cruceiro da esquerda non está en liña cos outros dous, senón que mira para eles. Os dous dos extremos son sinxelos, cun mínimo grosor na parte superior do fuste que fai as funcións de capitel. O do medio, que parece moito máis elegante e domina a paisaxe, sigue o patrón: ten pedestal cuadrangular rematado en chafráns, fuste en dúas partes (a primeira rectangular e octogonal a segunda). O capitel é octogonal con ábaco de lados curvos e vértices en chafrán, adornado con volutas, follas e a Cruz de Santiago. Cruz de sección octogonal con remates cuadrangulares, cun cristo no anverso e unha virxe no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Aínda que forman parte do conxunto tres cruceiros, o nome alude a “Trece Cruces” posiblemente por un naufraxio, do que non existe documentación escrita, que nalgún tempo se lembrara con trece cruces de madeira.
Historia recente do ben:
Forma parte dun Viacrucis excepcional en toda Europa que preside a ruta da “Traslatio” como último itinerario do Apóstolo Santiago desde terras de Xerusalén até Iria Flavia que están situados nas ribeiras da Ría de Arousa e do río Ulla. Dende o ano 1965 foron emprazados en lugares preeminentes e cada cal máis excepcional, grazas a “doazóns” de institucións públicas (algúns foron trasladados dende o seu emprazamento orixinal con oposición dos veciños) e persoas privadas que se converteron en mecenas e protagonistas do que do que hoxe é o “Camiño do Mar de Arousa e Ulla”. Este fora doado e feito polo Concello de Rianxo.
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://www.caminodesantiago.gal/documents/17639/121503/Guia%20de%20Cruceiros%20Mar%20de%20Arousa%20r%C3%ADo%20Ulla-libro-CAST.pdf?version=1.0 (Pax 30-31)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6509059877Lonxitude: -8.74692365527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





