Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Melide / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: Melide (San Pedro)
Lugar: Melide
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Casa do Concello de Melide, que antigamente foron as antigas dependencias da Obra Pía de San Antón, é unha obra do século XVII que se lle atribúe a Domingo de Andrade.

Na pedra da fachada pódense distinguir dúas partes: unha de cantería vista e outra de sillería irregular, esta última correspondente á ampliación de finais do século XIX cando o Concello merca o edificio para instalar nel a súa sede.

A porta principal, que recorda a entrada dunha igrexa, está flanqueada por dúas pilastras coroada con dintel recto sobre o que se sitúa un frontón triangular con fornela e pináculos. Na parte superior hay dous escudos de armas labrados en pedra granítica que corresponden as armas de D. Antón Varela Segade (cabaleiro de Santiago e primeiro patrón da Obra Pía), e o da súa dona Teresa de Velasco y Castilla, marquesa de Salinas del Río Pisuerga.

Segundo se recolle nos textos de varios autores, a Casa do Concello constituiu un mesmo solar co que agora é a Capela de Santo Antonio, coa que comparte un lateral. Dita capela era a propia da da institución (unha antiga obra benéfica de función docente para os nenos das clases máis desfavorecidas)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9151614129
Lonxitude: -8.0166131258
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84