
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Allariz-Maceda (comarca) / Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño) – Baños de Molgas (San Salvador)
Lugar: Carrás
Outra denominación do ben: Petróglifo do Penedo da Moura
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A documentación de Patrimonio, fala do chamado Penedo da Moura, e describe unha peneda sobre a que estarían localizadas unhas 19 coviñas.
Actualmente atópase cuberta de liques e musgo, pero aprécianse as pequenas cazoletas sobre a súa superficie.
No conxunto do batolito aprécianse extraccións de cantería próxima.
Este petróglifo e un dos primeiros documentados con que contou Baños de Molgas durante moitos anos.
Actualmente marca a división entre as parroquias de Betán (San Martiño) e Baños de Molgas (San Salvador).
Este nome de Penedo da Moura, posiblemente estea confundido e sexa o referido a unha peneda que desapareceu nos anos 80 de século XX cando se fixo unha pista pola zona.
Peneda esta da Moura, a que o Catastro de Ensenada se refire como o vértice común as parroquias de Betán (San Martiño), Baños de Molgas (San Salvador) e Almoite (Santa María), que posiblemente sexa a mesma que aparece en outra documentación como Peneda de Carrás descuberta no ano 1837 polo deán Juan Bedoya (Información de Xabier Moure).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32007REF07
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/BETAN.pdf (Pax 39)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.251932Lonxitude: -7.690027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84