Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Melide / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: Melide (San Pedro)
Lugar: Melide
Outra denominación do ben: Colexiata e Pazo do Marqués de Corvera
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dunha capela construída a partires de 1671 segundo un proxecto atribuido ó arquitecto da Catedral de Santiago Domingo de Andrade.

A capela está construida en cantería e conta cunha bóveda de canón dividida en tres tramos por dous arcos faxóns que apoian en pilastras pegadas ao muro. A cada un dos lados atópanse os sepulcros coas estatuas dos fundadores, labradas en granito.

Na fachada da capela consérvase o escudo da familia Segade, que anteriormente residiu no solar que hoxe alberga a capela e a Casa do Concello. A portada da capela ten pilastras e capiteis planos, friso de metopas e frontón partido.

O promotor da construción foi o arzebispo D. Mateo Segade Bugueiro, logo do seu regreso de México cunha fortuna de cien mil ducados, que invertíu nestas dúas obras. A súa función primixenia era a da ensinanza.

Dentro da capela destaca o seu retablo barroco, que foi demontado nos anos 60. Tamén atopamos o sepulcro do arzebispo Segade, obra do escultor Mateo de Prado de 1674, e os cenotafios de Don Mateo e de Don Antón, con representación orante (da autoría de Mateo de Prado).

A capela comparte parede coa Casa do Concello de Melide


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9150356943
Lonxitude: -8.01659703255
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84