Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: O Fental
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Peneda de gran tamaño, sobre a que aparecen gran cantidade de coviñas de tamaño regular, todas por igual de uns 3 a 4cm de diámetro e 1,5cm de fondo, concentradas maiormente próximas a unha gran pía natural.
Polo lado de nacente ten feitos uns pequenos chanzos para subir a cima, para meter a punta do pé e axudarse a ascender.
Na cima tamén ten unhas zonas traballadas con algún fin, arredor de algunha coviña natural, en algún dos casos podería ser unha vulva.
Nos anos oitenta do século XX colocouse un gran pao para suxeitar unha bandeira, este pao a modo de mástil amarrouse con cemento, que a piques estivo de estragar a gravura.
Este petróglifo e un dos primeiros documentados con que contou Baños de Molgas durante moitos anos.
Atopase subindo dende Cardoeiro cara o Monte Cubreiro, monte este cheo de túmulos e varios petróglifos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.turismobanhosdemolgas.gal/item/peneda-da-moura/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.252116Lonxitude: -7.717594
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84