Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Presqueira (San Martiño)
Lugar: Monte Campelos
Outra denominación do ben: Pena Coitela II
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

No cumio dun pequeno outeiro granítico(a Pena Coitela), nunha pena que pouco sae da rasante do terreo, aparecen gravadas 5 coviñas de pequenas dimensións, cun diámetro medio de 4 cm e unha fondura de 1. De polo menos tres destas coviñas sae cadanseu suco, tendo dous de eles unha lonxitude considerable e unha fondura de entre 2 e 3cm.
Serían a representación de varias serpes arrastrándose pola superficie do penedo, sendo as cazoletas a cabeza.

Este petróglifo foi atopado por José Paz, un mariño retirado que atopou 12 na súa estadía no balneario de Baños de Molgas no Nadal de 2009.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32007044
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/POEDO-PONTE%20AMBIA-PRESQUEIRA.pdf (Pax.51)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/maceda/2010/01/17/descubiertos-doce-nuevos-petroglifos-varios-pueblos-banos-molgas/0003_8232062.htm

http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/petroglifos-dos-campelos.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Estivo a piques de desaparecer cando as obras do AVE decidiron que a zona fose unha escombreira para depositar os cascallos que xeraba a construción de un túnel próximo.


Onde está localizado

Latitude: 42.219921
Lonxitude: -7.691581
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84