
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Fentáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Conxunto rupestre formado por dúas zonas con gravados diferenciadas.
Na parte superior atópanse un conxunto de pegadas de animais con algún motivo circular.
Na parte inferior amosa unha escena con varios animais, unha especie de menhir e unha espada de gran tamaño. Esta zona ao estar nunha parte da rocha máis vertical e máis difícil de observar.
O lugar carece totalmente de sinalización, agás na estrada que indica os petroglifos de Fentáns, pero xa unha vez no camiño non hai xa nada indicado e algúns non son doados de atopar.
Foron declarados Monumentos Histórico-Artísticos por decreto 3471/1974 de 20 de decembro de 1974.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://jlgalovart.blogspot.com/2009/03/los-petroglifos-de-fentans-i-pedra-das.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5247678098Lonxitude: -8.51315438747
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
elixiovieites says:
Nov 8, 2011
Como información complementaria. Topónimo: Pedra das Ferraduras en Fentáns,
depósito num.17, páxina 18, no catalogo de Cotobade en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf
candepalleiro says:
Nov 10, 2011
As manifestacións de arte rupestre teñen a consideración xenérica de Bens de Interese Cultural en virtude da Lei do Patrimonio Histórico Español. Amáis existe un decreto que declarou BIC moitos gravados rupestres na provincia de Pontevedra, entre os cales, creo, atópase a estación de Laxe das Ferraduras. Sería de interese que alguén aportase a referencia a dito decreto para a súa consulta nesta web.
paeiro says:
Mai 31, 2012
Compre que lle votes unha ollada a páxina 97 desta publicación:
● Yolanda Seoane-Veiga “Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade”, Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade” Santiago de Compostela : Laboratorio de Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2011. ISSN: 1579-5349.
Deixo o enlace ao documento:
http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312
paeiro says:
Mai 26, 2014
Máis engadidos a bibliografia:
● Borgna, Cesare Giulio. “La ‘Pedra das Ferraduras”. Revista Museo de POntevedra, 1981. VOl. XXXV. Páx. 87-108.
● “N.S.P. 25/02/1997. Xacementos Arqueolóxicos”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. Xacemento 17. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf
● Decreto 3741/1974, de 20 de diciembre, por el que se declaran monumentos histórico-artísticos de carácter nacional los grabados rupestres existentes en la provincia de Pontevedra. BOE de 10 de marzo de 1975. Nº 59. Páx 4950. Elemento 56. Elemento 61 Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1975/03/10/pdfs/A04949-04952.pdf
● “Relacións de Bens de Interese Cultural de Galicia” Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1995 Dispoñible en: http://cultura.xunta.es/imxd/procedementos/doc/121004BICGALICIA.pdf
● “Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español. Artículo 40.” BOE de 29 de junio de 1985. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1985/06/29/pdfs/A20342-20352.pdf
Oscar Franco says:
Set 12, 2022
As redes sociais (e posteriormente a prensa dixital) denuncia o ataque a este petróglifo. A nova é de inicios do mes de setembro de 2022:
https://www.facebook.com/groups/127219920631899/permalink/5552647501422420/
https://historiadegalicia.gal/2022/09/vandalizan-un-prezado-conxunto-de-petroglifos-puto-el-que-lo-lee/
Oscar Franco says:
Out 10, 2022
A prensa dixital do 8 de outubro de 2022 recolle a nova da limpeza deste petróglifo:
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/10/08/cerdedo-cotobade-restaura-limpia-petroglifos-76996142.html
Engado tamén a seguinte referencia web:
http://megaliticia.blogspot.com/2015/11/petroglifo-pedra-das-ferraduras.html