Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arbo
Parroquia: Mourentán (San Cristovo)
Lugar: A Lomba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica moldurada e coas arestas rebaixadas da paso a un varal de sección cilíndrica.
O capitel tronco piramidal invertido soporta unha cruz de sección cadrada e cos remates dos brazos lobulados. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe no reverso.

O cruceiro formaba conxunto coa capela do pazo da Señora Lola (situada na parte posterior do cruceiro). Situada á beira dun camiño de carros, viuse afectada ao abrir unha estrada asfaltada.
O cruceiro queríano pasar ao torreiro de carballos. Unha veciña negouse, ao considerar que o cruceiro podería verse danado polos xogos dos nenos. Así que cedeu espazo diante da súa casa, e aí quedou.
Pazo, capela e cruceiro están separados. Agora a capela foi cedida á igrexa, a pesar das voces discrepantes que querían que fose dos veciños.
(Información de Ana Fernández Melón).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARBO/documents/0710CA004.PDF (Páxina 6)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360010502.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2017). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE ARBO (II): PARROQUIAS DE CABEIRAS, CEQUELIÑOS, MOURENTÁN E SELA”. Ponencia do VIII Congreso Galego de Cruceiros. Ed: Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1490334821
Lonxitude: -8.29189226031
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84