Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Santa María de Isorna
Lugar: A Vacariza
Outra denominación do ben: Cruceiro de José Gómez
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de granito situado á beira do camiño real, no interior dun recinnto cercado por un muriño de pedra. Plataforma de dous chanzos con base cadrada de dous corpos, con toro e escocias superiores e inscricións nos catro lados do volume inferior, coa data de construción do cruceiro (1907). Fuste octogonal de sección cadrada no contacto coa base e capitel decorado con formas vexetais e rostros de querubíns. Cruz de sección circular e carácter leñoso cun cristo no anverso e unha virxe no reverso. En tempos estaba policromada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Era sitio de enterramento de nenos nonnatos ou mortos sen cristianizar.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Recentemente caeu a cruz debido a un temporal e está sen a mesma.


Onde está localizado

Latitude: 42.6854275947
Lonxitude: -8.73486172302
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84