
Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Betanzos (comarca) / Coirós
Parroquia: Ois (Santa María)
Lugar: O Castrillón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Hórreo de tipo Mahía. É mixto, de pedra e madeira. Apoia sobre cepa maciza.
A cámara ten doelas con disposición vertical. Presenta 3 corpos ou claros separados por puntais de granito. Existen molduras verticais. As que parten da parte superior atravesan a faixa e rematan cunha forma estilizada. A cámara está pintada en branco mentres que as molduras resaltan pintadas en negro.
A porta ábrese nun lado penal. Está adornada con formas xeométricas en ferro forxado. Hai un pequeno sillar de granito no chan, que fai as veces de chanzo. O lado penal oposto é totalmente de granito. Nel ábrense dúas ranuras de ventilación.
Cubrición a dúas augas, con tella plana. Hai sobrepenas e remates nos pinches: un pináculo e unha cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2364397837Lonxitude: -8.1278206914
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84