Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Aranga / Betanzos (comarca)
Parroquia: Aranga (San Paio)
Lugar: Penelas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase dun hórreo de tipo Maía. Ten cámara mixta. As taboíñas de madeira están en disposición vertical e pintadas de vermello. As partes de pedra están revocadas en branco. Presenta faixa e molduras verticais que a atravesan.
A cámara apoia sobre cepa maciza que se prolonga cunha escaleira.
A porta ábrese nun lado penal. Remata en forma de capeliña na parte superior. Está adobiado cunha hexapétala e outras formas xeométricas.
A cuberta é a dúas augas, con tella curva, sobrepenas e pináculos no cumio dos pinches.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2530609662
Lonxitude: -8.01570119511
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84