Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mesía / Ordes (comarca)
Parroquia: Santiago de Bascoi
Lugar: Tamarín
Outra denominación do ben: Castro de Tamarín
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
Castro dun único recinto, aínda que non se descarta a existencia dun antecastro, segundo afirma a ficha de catálogo. Hoxendía, o xacemento ten forma ovalada e un único recinto rodeado por un parapeto, que chega a acadar os 3 m de altura, e un foso.
As súas medidas son de 90 m no eixe NO-SL e 60 m no SO-NL. O recinto principal ten unha superficie aproximada de 0,45 Ha.
O foso usouse como corredoira ata antes da concentración parcelaria, o que motivou que se conservase en bon estado.
O parapeto, a xulgar polo corte que lle fixeron as obras da estrada e térreo, está probablemente asentado en substrato de xisto.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15047017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.concellodemesia.gal/sites/default/files/custom/concello/urbanismo/pxom1/catalogos/arqueoloxico.pdf (Pax 16)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Na zona NW é posible que houbese un segundo parapeto que foi explanado por labores agrícolas.
Así mesmo, o foso e o parapeto no lado Leste foi alterado pola estrada que por un lado o colmatou (foso) e por outro o seccionou parcialmente (parapeto).
O feito de que se cultive no seu interior conleva a segura destrución dos niveis arqueolóxicos máis superficiais.
Onde está localizado
Latitude: 43.1236994232Lonxitude: -8.22972536087
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84