Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Fene / Ferrol (comarca)
Parroquia: Maniños (San Salvador)
Lugar: Prismos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Prismos está situado no alto do monte Peón da Pedra. É un castro de cumio fortificado con orientación N-S. O cumio do monte foi achairado. Ten forma ovalada duns 150 m no eixe NS e 100 metros no eixe LO. Un camiño atravésao de N a S. Hai un camiño forestal ao seu redor en boa parte do perímetro.
Ten un só muro exterior sen aparente foso. Na zona N os muros teñen uns 10 metros de alto e na cara sur uns 2 metros. O acceso orixinal sería polo S. Nos muros da cara N abríuse un camiño forestal rompendo as defensas. Por máis puntos está desfeito o muro exterior por canteiras e derrubes.
O castro está ben conservado, alleo a alteracións urbanísticas aínda que algo danado por explotacións forestais e agrícolas. No interior non se aprecian estruturas artificiais aínda que hai elevacións duns dous metros no terreo, que poderían ser muros ou modificacións artificiais do terreo posteriores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15035008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FENE/documents/0177CA016.PDF (páxina 11 e 12)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4453782578
Lonxitude: -8.18191766739
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84