Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Eume (comarca) / Pontedeume
Parroquia: Pontedeume (Santiago)
Lugar: Pontedeume
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Descuberta a principios do século XX. Son sete casas pequenas, de forma rectangular e muros de mampostería, todas con escaleiras de entrada, a que máis con tres chanzos, algúns de 1,45 metros de longo e todos de cantería labrada. Entre os escombros destas edificacións apareceron sillares (algún de 0,36 metros de ancho), a clave dun arco coa batente para a folla da porta, un pedra de fogar aínda con cinza, unha especie de base de semicolumna, restos de ánforas romanas e numeros fragmentos de cerámica sinxela e de tellas de reborde con diversas pegadas dixitais, así como tixolos cuadrados, uns de 19 centímetros de lado por 6 de groso e outros de 28 por 5,2 cm. Todo o achado quedou depositado na antiga casa do concello de Pontedeume, hoxe desaparecido.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15069007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEDEUME/documents/28003ca007.PDF (Pax 10)

http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2314
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2006-18549


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4124315603
Lonxitude: -8.17947149277
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84