
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Moraña
Parroquia: Laxe (San Martiño)
Lugar: Silvoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro situado nos xardíns do pazo de Toxeiriñas (http://patrimoniogalego.net/index.php/95707/2017/07/pazo-de-toxeirinas/) que nace sobre tres chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica coas arestas rebaixadas da paso a un varal que nace en sección cadrada e segue en octogonal. Na súa metade vemos unha imaxe dun santo sobre unha peaña.
o seu capitel tipo xónico con volutas e motivos vexetais soporta unha cruz de sección cilíndrica con nos na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha pequena peaña no reverso.
Este cruceiro é obra do escultor Daniel (O Burgo – Pontevedra) e construído entre os anos 1949/1950.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.atoxeirina.com/
https://cruceirosdegalicia.xyz/360320502.html
BIBLIOGRAFÍA
CAMIÑA CASTRO, Reis, e SUÁREZ REDONDO, Marcos. (2002). INVENTARIO E DESCRICIÓN DAS CRUCES E CRUCEIROS DO CONCELLO DE MORAÑA. A TABOADA (5) (Revista das asociacións culturais A Cabana (Moraña) e O Meigallo (Cuntis).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5989664086Lonxitude: -8.57507050038
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84